LUGARES VIVOS é un conxunto de experiencias artísticas que terán lugar en espazos patrimoniais da Ribeira Sacra para afondar nos vínculos patrimoniais, sociais e individuais cos que coñecer o relato patrimonial deste territorio.
Un proxecto cultural que se desenvolve en diferentes localizacións xeográficas da Ribeira Sacra, territorios declarados como ben de interese cultural e aprobados polo Consello do Patrimonio Histórico Español como candidatos a Lista do Patrimonio Mundial.
LUGARES VIVOS transcorrerá en cinco municipios da Ribeira Sacra: Castro Caldelas, Pantón, Parada do Sil, Pobra do Brollón e Sober que, ademais de ser Paisaxes Culturais, son atravesados polo Camiño de Santiago denominado Camiño de Inverno.
En definitiva, LUGARES VIVOS é achegarse a alfaias patrimoniais que posúen un relato cultural propio, que narran as historias pasadas do lugar que habitamos e que nos fan entender a paisaxe cultural e rural actual. Todo isto a través dunha programación completa que achega concertos e actividades vinculadas ó patrimonio e dende unha perspectiva de xénero ó publico.